I Andaina Micolóxica na Ruta da Pedra e da Auga
Dende Piragüilla Ocio e Aventura queremos continuar co noso compromiso de ofertar actividades divulgativas para todos os públicos. E para elo, levaremos a cabo a I Andaina Micolóxica na Ruta da Pedra e da Auga o vindeiro domingo 11 de decembro.
MICOLOXÍA EN PONTEVEDRA
Tras o éxito que obtivo a realización da visita micolóxica a illa de Cortegada que levamos a cabo o pasado mes de novembro, para este mes de decembro queremos voltar a disfrutar da experiencia. Así, entraremos en contacto co entorno micolóxico da nosa comarca. E que mellor entorno para disfrutar dos cogomelos e demais fungos que a ruta da pedra e da auga.
Porque nestes intres a paraxe micolóxica atópase no seu mellor momento. Ademais, as condicións climatolóxicas que nos están acompañando propician a aparición destas especies nos nosos montes. E como a paraxe natural que alberga a ruta de senderismo mantense conservada e respectada, permítenos disfrutar dun entorno excepcional para descubrir a micoloxía en Pontevedra.
RUTA DA PEDRA E DA AUGA
Formada por una frondosa e fascinante vexetación, percorrer os 6´5 km de sendeiro permítenos adentrar nun entorno illado e natural. Esta é unha experiencia para os 5 sentidos que fará as delicias dos más curiosos no mundo micolóxico. Ademais, ao longo da andaina pola ruta da pedra e da auga, poderemos distinguir ata tres tramos diferentes: a ruta dos muíños de Barrantes; a ruta dos muíños de Meis; a última parte do recorrido, que comprende a distancia entre a “Aldea Labrega” e o Monasterio de Armenteira.
Durante a andaina tamén descubriremos o entorno cultural da ruta da pedra e da auga. Estos son máis de sesenta muíños restaurados que se prolongan no marxe esquerdo do río Armenteira. Están asentados alí dende o ano 1700, sendo de gran uso para moer o gran e o cereal. Como resultado, os muíños dan carácter o sendeiro e diferénciano de calque outro. Tamén alcanzaremos a coñecida “Aldea Labrega”. Esta é un conxunto escultórico que reproduce en pedra dunha antiga aldea da zona onde se plasman os seus os elementos máis importantes. Foi levada a cabo pola escola de canteiros da Deputación de Pontevedra.
Deste xeito esta convértese nunha experiencia moi completa, posto que ademais de disfrutar da micoloxía os asistentes poderán coñecer un sendeiro natural único na comarca.
DESENVOLVEMENTO DA ANDAINA MICOLÓXICA
Esta experiencia sensorial para coñecer o entorno micolóxico da ruta da pedra e da auga terá como punto de inicio e encontro o lugar de Os Castaños, Barrantes (Ribadumia).
Dende alí, e da man do noso equipo xunto cos nosos compañeiros de Arenaria Coordinación, daremos lugar a andaina micolóxica. O entorno natural que rodea a ruta da pedra e da auga é moi rica. Seguindo o transcurso do río atoparemos unha gran diversidade de vexetación, entre os cales poderemos identificar o alcornoque, o castaño ou o pino.
O equipo micólogo de Arenaria será o encargado de introducir neste fascinante mundo os participantes. Con gran experiencia e coñecemento, é un equipo formado para desenvolver a actividade solventando todas as dúbidas dos asistentes. Ademais, porán no seu coñecemento todas as curiosidades con respecto os cogomelos que vaiamos descubrindo o longo dos sendeiros.
COMO ASISTIR A ANDAINA MICOLÓXICA
A “I Andaina Micolóxica” iniciarase as 10:30 da mañá do domingo 11 de decembro. Esta é unha actividade apta para todos os públicos que ten como fin a de proporcionar unha xornada enriquecedora e diferente para os participantes.
Para asistir ao evento micolóxica soamente tes que chamar ao 625336323/4 (atención mediante Whatsapp) ou enviar un correo electrónico a oficina@piraguilla.com antes do sábado 10 de decembro. Deberase indicar o número de persoas que van asistir e un contacto.
O prezo por participar na andaina micolóxica na ruta da pedra e da auga e de 15€/persoa.
Unha oportunidade única para enriquecerse co noso entorno natural.