Senderismo en A Illa de Arousa: andaina solidaria
Presentase un 2018 cheo de momentos para compartir. Nel, introducimos novas actividades para o desfrute dos veciños da comarca e visitantes que buscan divertirse na natureza. E como non podía ser doutro xeito, e por quinto ano consecutivo, a tempada estreámola coa xa consolidada Andaina Solidaria a beneficio de Cáritas Interparroquial de Arousa. Unha ruta de senderismo en A Illa de Arousa na cal mantemos outro ano máis o noso concurso fotográfico.
MÁIS QUE UNHA RUTA DE SENDERISMO EN A ILLA DE AROUSA
Por todos é coñecido o fin desta ruta de senderismo en A Illa de Arousa. A de por en coñecemento dos veciños a incansable labor que diariamente realizan dende Cáritas Interparroquial de Arousa no noso entorno. Traballan incansablemente para axudar aos demais, dándolles: alimento; hixiene; asesoramento; terapias; axuda para a inserción laboral e social… Un sen fin de tarefas que fan que a vida destas persoas mellore de maneira significativa. Non podemos esquecer que son moitos aos que esta entidade axuda diariamente. E non soamente falamos dos indixentes. Tamén é necesario nomear a familias que diariamente reciben alimento nos seus fogares co reparto de comida quente que levan a cabo; drogodependentes que buscan a saída da rúa nas mans dos voluntarios de Cáritas; parados de longa duración; fogares que, por falta de traballo, contan con recursos limitados e/ou que son expulsados dos seus fogares. Poderíamos nomear un sen fin de situación das miles de persoas que ao longo da súa historia, Cáritas Arousa axudou para saír adiante dignamente. Como comentamos antes, a Andaina Solidaria a beneficio de Cáritas en A Illa de Arousa é a actividade coa cal sempre estreamos a tempada de eventos. Por ilo, queremos que sexa nela na cal presentemos e inauguremos a nosa aplicación. A través dela, os participantes poderán seguir o itinerario marcado durante a andaina, ademais de ampliar a información sobre os puntos de interese polos que transcorre a ruta de senderismo en A Illa de Arousa. A todo isto sumáselle o feito de que aumentamos a seguridade grazas á xeolocalización e o contacto directo con Piragüilla Ocio e Aventura. Invitámosvos a todos a participar na posta en marcha da APP de Piragüilla durante a celebración da V Andaina Solidaria a beneficio de Cáritas. Para ilo, soamente tedes que descargar a aplicación (que esta dispoñible tanto para Android como para Itunes) no voso móbil buscando PIRAGÜILLA en Play Store ou en App Store. O día da actividade se vos proporcionará un código para inserir na bandexa de entrada da aplicación, e así desfrutar das vantaxes que vos proporcionará. ESTREANDO A APP PIRAGÜILLA