Día das letras galegas 2021

13 mayo, 2021
Blog

Esta semana celebramos o día das letras galegas 2021. E para deleite de todos, contamos cunha ponte para festexar as nosas letras, a nosa lingua. O primeiro festivo que temos oportunidade de celebrar tras o levantamento do estado de alarma. E aínda que contamos cunhas normas que debemos seguir para continuar camiñando cara a fin desta situación, recuperamos pouco a pouco certas costumes que tivemos que deixar aparcadas un tempo. E unha delas é a de viaxar por Galicia.

¿Cando se celebra o día das letras galegas 2021?

O 17 de maio é o día das letras galegas. E este ano cadra en luns, polo cal, temos a posibilidade de desfrutar dunha ponte que nos permitirá ter uns días de respiro. Unha ponte na cal os galegos poderemos divertirnos e aproveitar o tempo libre dispoñible. E que mellor para facelo que realizar actividades ao aire libre en Galicia. Porque o 17 de maio é un día para celebrar as nosas letras, pero tamén para conmemorar o noso pobo. Por ilo, animámoste a que aproveites estas xornadas para desfrutar da nosa terra e que leves a cabo actividades no día das letras galegas 2021. Tes por diante unha longa fin de semana para divertirte coa familia e cos amigos.

ACTIVIDADES PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Queremos propoñerche festexar a ponte das letras galegas 2021 cunhas actividades que, pensamos, poden ser do teu interese. Un ocio ao aire libre co cal poderás desfrutar de paraxes naturais e pobos con encanto da comarca de O Salnés.

A primeira delas é a ruta en kaiak á illa de Cortegada. Este arquipélago, como ben saberás, pertence ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. E convertese en unha mostra do patrimonio natural que temos en Arousa e que podes coñecer de xeito fácil. Cun sinxelo percorrido en kaiak podes alcanzar a praia do embarcadoiro de Cortegada, pola cal se ten acceso a illa, e desfrutar da paraxe. Ademais, seguindo o sendeiro que ten marcada a illa, e guiándote pola nosa app móbil gratuíta (no caso de escoller un servizo de aluguer de material), descubrirás os aspectos máis destacados do lugar.

Outra das opcións que queremos destacar é o mergullo en superficie. O snorkel en Arousa atopa o seu espazo grazas ao litoral pouco profundo que facilita a practica desta modalidade. Unha experiencia que che recomendamos vivir esta ponte ao medio día, pois para ilo temos en conta as mareas. Poida que isto che sone un pouco raro, pero ten a súa lóxica. Para practicar snorkel o idóneo e dirixirse a zonas rochosas que coa baixamar quedan ao descuberto, de maneira que poidas observar o fondo con tranquilidade e aprecias a vida que ten o lugar. Por ilo, non ten sentido que leves a cabo o mergullo en superficie coa marea alta. Sempre seguimos a táboa de mareas para coñecer os horarios de baixamar e preamar de A Ría de Arousa, de maneira que sepamos cando se dan as mellores circunstancias para realizar snorkel.

O paddle surf en Arousa é outra das actividades para realizar na nosa contorna. En compañía da familia ou do teu grupo reducido de amigos, poderás coñecer o litoral da illa practicando unha modalidade deportiva en auxe. O certo é que moitos de vos aínda tedes pendente coñecer este deporte. Una actividade que se caracteriza por dar a oportunidade de pasar un bo momento entre amigos, rindo e compartindo a xornada mentres te adaptas a un deporte co cal non estás de todo familiarizado, pois terás que manter o equilibrio para poder navegar. Ahí, parte da súa diversión.

 

E como non, as nosas actividades estrela, o kaiak en Arousa e a bicicleta en A Illa de Arousa. Sen dúbida, son as experiencias máis demandadas polos nosos visitantes, posto que se converte na mellor ferramenta para visitar A Illa de Arousa, tanto por auga como por terra. Porque ao fin, cando visitas un lugar, é moi importante o xeito en que o fagas. E facendo uso de transportes sostibles coma o kaiak ou a bicicleta, a percepción do lugar cambia. Unha boa alternativa para coñecer A Illa no día das letras galegas 2021.

Estas son unhas propostas que vos recomendamos, pero non deixes pasar a oportunidade de ver as nosas actividades. Non perdas o tempo e aproveita para festexar o día das letras galegas 2021.

¿POR QUÉ SE CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS?

Moitos de vos teredes a dúbida de cal é o motivo da celebración do día das letras galegas. O certo é que para coñecer o porque deste día temos que indagar na Real Academia Galega. Esta institución naceu no ano 1906 coa fin de servir ao pobo galego e a lingua galega. Apostando pola posta en valor da nosa cultura e a nosa lingua, traballa a reo para que esta chegue aos nosos días como unha parte fundamental da nosa terra, e que aqueles que se amparan no galego para crear as súas obras conten co recoñecemento pola labor que están a facer, que non é outra que a de enriquecer a nosa lingua.

Unha clara definición do que é esta institución está definida no Capítulo I, Artigo I: “A Real Academia Galega é unha institución científica que ten como obxectivo fundamental o estudo da cultura galega e especialmente a ilustración, defensa e promoción do idioma galego”.

Historia

Para entender a celebración do día das letras galegas debes ter presente a autora por excelencia da nosa terra, Rosalía de Castro, e a súa obra Cantares Gallegos. Esta foi considerada unha obra mestra, a primeira da Literatura Galega Contemporánea, que pon en valor o galego coma unha lingua para a creación literaria. Unha obra publicada o 17 de maio de 1863. E aquí temos o por que da celebración das nosas letras en tal día.

A data conmemora a publicación desta obra, esencial na posta en valor do literario galego actual. Por ilo, dende a Real Academia Galega, aprobouse a proposta de tal celebración no centenario da publicación de Cantares Gallegos. Deste xeito, un 17 de maio de 1963 festexouse por primeira vez o día das letras galegas, rendendo homenaxe, coma non podía ser de outro xeito, a Rosalía de Castro. Un orgullo que, o impulso desta celebración e a pioneira en recibir tal honra fora unha muller. Unha escritora que daría paso a moitos outros que cada 17 de maio reciben esta homenaxe dende o seu pobo.

Claro está a importancia de Rosalía de Castro na nosa cultura, pero pensaredes ¿que se necesita para que a un autor ou autora se lle dedique o 17 de maio? Pois dentro dos artigos da institución, no Capítulo 2, Artigo 7, indica o que necesita un autor para ter esta honra:

  • Deberá ser autora dunha obra relevante en galego.
  • Ser persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe.
  • Pasar dez anos entre a súa morte e a designación para ese día.
  • A proposta debe estar razoada e asinada por un mínimo de tres académicos, incluída na convocatoria do Plenario correspondente.

Co tempo, o día das letras galegas é moito mais cunha celebración da nosa literatura. É o festexo da nosa cultura, do noso ser, das nosas raíces. Un día que nos recorda o orgullosos que temos que sentirnos por ser galegos.

HOMENAXE A XELA ARIAS

O día das letras galegas 2021 está dedicado a Xela Arias. Escritora luguesa que desenvolveu a súa obra na cidade de Vigo, na cal viviu dende cativa ata o ano 2003, cando finou aos 41 anos para lamento da cultura galega. Pioneira na súa labor como tradutora ao galego, a ilo sumaselle o seu rol de poeta, activista e profesional no ámbito da edición e da docencia. Moi activa nas iniciativas culturais, foi unha autora que se caracterizou por non seguir correntes, senón que expresou a súa singular visión a través de obras como Denuncia do equilibrio (1986), Tigres como cabalos (1990) ou Intempériome (2001).

Unha autora que che recomendamos e que te animamos a que coñezas.

 

 

Fonte de información: Real Academia Galega (https://academia.gal/inicio) // Consello da Cultura Galega (http://consellodacultura.gal/)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *