Manuel María

Día das Letras Galegas, dedicado a Manuel María

17 mayo, 2016
Blog

Hoxe as nosas letras están de celebración. Como cada 17 de maio, en Galicia homenaxeamos a un autor da nosa literatura no Día das Letras Galegas. E este ano será na memoria de Manuel María.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A historia da celebración do Día das Letras Galegas, as nosas letras, lévanos ata cando Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, membros da Real Academia Galega, presentaron un 20 de marzo de 1963 ante a institución a cal pertencían unha proposta para celebrar este 17 de maio como un día no cal recoller o latexo material da actividade intelectual galega.

E foi o día 17 de maio o elixido porque estes promotores da celebración estimaban que o poemario de Rosalía de Castro “Cantares Gallegos” se publicou nese día do ano 1863. Así, tomarían de referencia a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, considerándoa así a primeira obra do Rexurdimento.

Rosalía de Castro

Sen dúbida, Rosalía de Castro é unha das grandes escritoras da historia de Galicia. E, como non podía ser doutro xeito, para ela foi a primeira celebración. Para tal fecha, publicouse unha edición de “Cantares Gallegos” da man de Fermín Bouza Brey. Dende aquela, dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega. Claro esta, cumprindo a unha condición de transcorres un mínimo de dez anos dende a data do seu falecemento e o ano da súa conmemoración.

Esta data foi moi ben acollida, tendo un alcance e unha significación extraordinarios, tanto a nivel literario como non ambientes populares e no pobo galego. Deste xeito, dende o ano 1991 este día ten un carácter festivo en toda Galicia.

Día das Letras Galegas

MANUEL MARÍA, HOMENAXEADO DO ANO 2016

Nacido no seno dunha familia de labregos acomodados, Manuel María Fernández Teixeiro, coñecido como o autor Manuel María, foi nado o 6 de outubro de 1929 en Outeiro de Rei (Lugo), pobo no cal seu pai foi alcalde. Poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, dende cativo entrou en contacto coa literatura galega. O 19 de abril de 1970 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega. Pero renunciou a ilo no ano 1975 ao considerar que a Academia non estaba á altura que esixía o momento histórico que se estaba vivindo. Esta foi unha mostra  do seu carater combativo e comprometido coa causa política. E foi ese compromiso o que o levou participar ao primeiro acto de afirmación galeguista durante o Franquismo, asistindo ao Panteón de Galegos Ilustres en San domingos de Bonaval. Finalmente, volvería á institución no ano 2003.

Entre os temas que tocaba nos seus poemas están: amor; arte; compromiso político; denuncia de eivas; etnografía; física; historia; inmaterialidade; mitoloxía; mundo animal; palabra poética; o paso do tempo; relixión; sociedade; lingua;  traballos agrarios; urbanismo; e a xeografía.

Finou o 8 de setembro do ano 2004 en A Coruña.

Manuel María
Manuel María

A SÚA OBRA

Dentro da súa obra atopamos: poética (o seu xénero preferido); narrativa; dramática; infantil e xuvenil; obra ensaística; epistolarios; edicións; obras colectivas; colaboracións na revista Grial; e obra poética en castelán, xuntando cerca de 130 obras. A continuación, queremos destacar uns aspectos importantes ao longo da súa carreira:

  • A súa primeira obra publicada foi un poema no número 2 da revista Xistral, editado xunto co seu amigo Manuel Antonio Sopena.
  • 1952: publicou o seu primeiro libro de narrativa “Contos en cuarto crecente e outras prosas”.
  • 1954: gañou os Xogos Florais de Ourense e participou no III Congreso Internacional de Poesía.
  • 1955: acadou o Premio Pondal convocado polo Centro Galego de Buenos Aires grazas a súa obra “Libro de pregos”.
  • 1967: volcouse coa colección de poesía Val de Lemos coa colaboración de Basilio Losada e a dirección de Lois Diéguez. Tamén escribiu a columna “Andando a Terra”, no xornal A Nosa Terra.

Foi un escritor que sempre estivo presente tanto na literatura como nos movementos sociais e políticos do momento na sociedade galega. E para renderlle a nosa particular homenaxe, deixamosvos cuns versos do poema “A fala”, que se atopa dentro da súa obra “As rúas do vento ceibe”.

Manuel María