II Andaina na Ruta de Senderismo da Pedra e da Auga
O próximo domingo día 9 de abril levaremos a cabo a II Andaina na Ruta de Senderismo da Pedra e da Auga. Nesta convocatoria queremos darlle un aporte diferente e convidámosvos a todos a que veñades acompañados das vosas mascotas (non é obrigatorio asistir con cans).
Que os cans sexan os grandes protagonistas da andaina ven pola demanda de vir acompañados as nosas actividade. En eventos pasados, debido o traxecto con pasos por entornos naturais protexidos, non estaba permitido que nos acompañasen na ruta. Por elo, eliximos o entorno da ruta da pedra e da auga para a nova andaina. Esta permite o paso de animais, polo que as persoas que así o desexen, poderán asistir acompañados da súa mascota. Animámosvos a todos a que o fagades.
RUTA DE SENDERISMO DA PEDRA E DA AUGA
A andaina celebrarase na ruta de senderismo da pedra e da auga. Coñecido por todos os amantes da natureza de Pontevedra, o paso do río Armenteira marca un sendeiro cheo de vexetación. Esta é unha das principais características do sendeiro. A súa vexetación aporta unha sensación de tranquilidade e benestar. Un lugar illado do ruído que achega a natureza a todo aquel que se anime a percorrelo.
Considerámolo un dos lugares máis destacables dos sendeiros na Comarca do Salnés. Por ilo queremos facelo protagonista dun dos tantos eventos que realizamos ao longo do ano buscando aportan novas experiencias aos asistentes. Non queremos deixar de mostrar o noso compromiso por dar valor e contido á axenda de ocio de Pontevedra. Deste xeito, a II Andaina na Ruta de Senderismo da Pedra e da Auga presentase como unha oportunidade para disfrutar dunha mañá saudable na natureza.
Ademais da súa natureza, na ruta da pedra e da auga destaca os seus muíños. Estes desenvolven un papel fundamental da paisaxe do sendeiro. Durante o recorrido atópanse máis de 60 muíños, moitos deles restaurados, que achegan a cultura tradicional galega das aldeas. E é esta cultura dos pobos galegos os que levaron a escola de cantería a realizar unha reconstrución a escala dun antigo pobo galego. Nel pódense apreciar dende unha capela, un hórreo ou un lavadoiro ata animais. Todos eles facendo semellanza do que en séculos pasados se vivía na nosa contorna.
REALIZACIÓN DA RUTA
O punto de encontro e inicio da II Andaina na Ruta de Senderismo da Pedra e da Auga terá lugar no inicio da ruta en Ribadumia. Está situada na carreteira EP-9507 (xunto a rotonda saída da AG-41 dirección Ribadumia).
Dende alí, as 10:00 da mañá, iniciarase unha ruta de senderismo que constará duns 11 km de distacia. Esta ruta levará os participantes ata o Monasterio de Armenteira. Ali faremos unha parada onde se contará con avituallamento para os asistentes. Este é un recorrido de dificultade baixa que conta cun tramo final ata o monasterio de 1´5 km de pendente.
Durante o avituallamento todos aqueles que o desexen poderán realizar unha visita o monasteiro. Nela, apreciarán a beleza do claustro e a igrexa. Unha vez rematado o descanso, retomaremos a andaina para voltar ao lugar de inicio.
COMO PARTICIPAR NA RUTA DE SENDERISMO DA PEDRA E DA AUGA
Para asistir a II Andaina na Ruta de Senderismo da Pedra e da Auga podes inscribirte ata o sábado 8 de abril. Esta inscrición realizarase a través dos números de telefono 625336323/4 e no correo electrónico oficina@piraguilla.com. Para levala a cabo necesitamos o contacto dos participantes e o número de persoas que asisten.
O prezo por participar é de 7 €/persoa. Esta tarifa inclúe os servizos requiridos pola realización da andaina: monitores; coche escoba; Seguro de R.C. e Accidentes; avituallamento. O pago poderase realizar mediante transferencia bancaria. Así, unha vez realizada a inscrición indicaremos os datos da conta para o pago.
Ademais, con motivo de colaborar co Refuxio de animais de Cambados, por todas aquelas mascotas que participen na andaina se lle realizará una doazon de 2€ á protectora. Tamén animamos a todos os participantes a colaborar aportando alimento para os animais que diariamente axudan dende a entidade.
Agardamos a vosa asistencia.